DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN DE SARRIA

EDICTO (102/2004).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria fai saber: que nos autos de xuízo ordinario 102/2004 consta a sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíza que a dita: Myriam Feijoo Delgado.

Lugar: Sarria.

Data: dezaoito de novembro de dous mil catro.

Parte demandante: Jesús Quiroga López, Santiago Abella Rodríguez, José Abella González, Alberto Abella Fernández, Miguel Ángel Fernández Varela, Julio Fernández López.

Avogado: Pombo Ingerto.

Procurador: López Vila.

Parte demandada: Antonio Abella Abella, Manuel Abella López, María del Pilar Abella López, Carmen López González, Julia Abella Abella, Hermitas Abella Abella, Manuel Abella Abella, Baldomero Rodríguez López.

Avogado: Gómez González, García Bernardo e Sito Carballada.

Procurador: Abella García, López Vizcaíno e López Díaz.

Obxecto do xuízo: declaración de dominio.

Decisión:

Estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Ana Mª López Vila, en nome e representación de Jesús Quiroga López, Santiago Abella Rodríguez, José Abella González, Alberto Abella Fernández, Miguel Ángel Fernández Varela e Julio Fernández López, asistidos do letrado sr. Pombo Injerto, contra Manuel Abella López, María del Pilar Abella López, Carmen López González, e Manuel Abella Abella, representados pola procuradora sra. Abella García e asistida polo letrado sr. Soto Carballada; Hermitas Abella Abella, representada pola procuradora sra. López Vizcaíno e asistida pola letrada sra. Gómez González; e Baldomero Rodríguez López, representado pola procuradora sra. López Díaz e asistida do letrado sr. García Bernardo, sobre declaración de dominio, debo:

Ter por desistidos os demandantes da pretensión dirixida contra Baldomero Rodríguez López, sen facer imposición de custas.

Declarar que os demandantes e as comunidades en cuxo beneficio se actúa son propietarios privados e así viñeron aproveitando en exclusividade os predios sitos en Nai-San Vicente, Paradela, descritos no feito primeiro desta demanda e na forma en que se di e a teor do plano asinado polo enxeñeiro técnico agrícola Carlos Luis Abella Pérez de data abril de 2000.

Declarar que os demandados son propietarios das parcelas que se di no feito primeiro desta demanda, e que a parcela nº 73 do polígono 18 incluída dentro do perímetro clasificado como monte veciñal de Nai é de propiedade particular.

Condenar os demandados a estar e pasar por tales pronunciamentos, sen facer expresa imposición de custas, excepto respecto a Antonio e Julia Abella Abella.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que deberá prepararse ante este xulgado no prazo de cinco días para a súa posterior decisión pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará certificación aos autos que dimana, definitivamente xul

gando nesta instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Antonio Abella Abella e a Julia Abella Abella, expido e asino este edicto en Sarria o 22 de novembro de 2004.

O secretario

Rubricado