DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE REDONDELA

EDICTO (414/2004).

José Luis Pérez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Redondela, fago saber que neste xulgado e co nº 414/2004 se segue por instancia de Antonio Andreu Hortas expediente para a declaración de falecemento de José Antonio Andreu Castro, natural de Cesantes, veciño de Redondela, quen se ausentou do seu último domicilio por ser tripulante do barco O Bahía non téndose del noticias desde a data do naufraxio do barco ocorrido o 3 de xuño de 2004, ignorándose o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelo en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Redondela, 25 de novembro de 2004.

O secretario

Rubricado