DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1035/2004).

Visto o recurso de apelación contra o auto recaído nos autos de procedemento ordinario, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Pontevedra, co número 515/2003, (rolo de sala número 1035/2004), no que son partes, como apelantes Alfredo Longo Goldar, Sinesia Sanmartín Ramos, Raquel Longo Sanmartín, Valentín Longo Sanmartín, Rosa María Longo Sanmartín e Ballesrua, S.L., que compareceron nesta instancia representados polo procurador Pedro Antonio López López; e como apelados agencia Estatal da Administración Tributaria, e Promotora Sarva, S.L., esta última en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva.

Estímase o recurso de apelación e revógase parcialmente o auto de instancia impugnado, no único extremo de impor a demandante as custas procesuais da primeira instancia, mantendo no resto os pronunciamentos do auto apelado; todo iso sen facer especial imposición das custas procesuais correspondentes á presente alzada.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas na forma establecida no artigo 248.4º da LOPX.

Firme esta resolución, expídase testemuño desta e remítase xunto cos autos, ao xulgado de proce

dencia, tomándose as oportunas notas nos libros de rexistro desta sección.

Así, por esta nosa resolución, da que se unirá certificacio ao rolo de sala, sendo relator o maxistrado deste tribunal Francisco J. Valdés Garrido, o que acordamos, mandamos e asinamos.

Pontevedra, vinte e seis de novembro de dous mil catro.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS

DE REDONDELA