DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.205

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2004 pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala

superior de estatísticos levada para o efecto pola Orde do 16 de abril de 2004 (DOG nº 78, do 23 de abril), e elevada a relación de aprobados polo presidente do tribunal nomeado pola Orde do 24 de maio de 2004, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos convocado pola Orde do 16 de abril de 2004, e que figura como anexo desta resolución.

Segundo.-Os aspirantes que figuran no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte (20) días naturais, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral de Función Pública os documentos aos que se refire a base V.2, ou se é o caso, a certificación á que se refire a base V.3, da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta resolución, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Apelidos e nomeDNITotal

Gutiérrez Piñeiro, Alberto35469860-L56,9

Martínez Fernández, Mª Dolores33293141-C63,8

Rodríguez Rey, Marcos32803692-B74,1

Teijeiro Campo, María Trinidad76577258-T80,3

CONSELLERÍA DE FAMILIA,

XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO