DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo do sector da construción.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo do sector da construción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-11-2004 e subscrito pola parte económica por Apecco e pola parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 22-11-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 1. Convenio da construción-provincia da Coruña.

Asistentes:

-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

Jesús Mª Calvo Romero.

-Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

Victorino Ares Prado.

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña, 22 de novembro de 2004, ás 17.00 horas, reúnense nos locais de Apecco, os señores que arriba se relacionan, para proceder a darlles cumprimento aos trámites de constitución

da mesa para negociar o convenio colectivo provincial da Coruña, de construción e obras públicas para o ano 2005, e recoñecemento de lexitimidade.

E en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

-Por UGT:

Manuel Martínez Arnoso.

Celestino Pérez Vázquez.

Jesús Mª Calvo Romero.

Manuel Golpe Gómez.

-Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

Vicente Moreira Sobrido.

Victorino Ares Prado.

E en representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco):

Antonio Fernández Durán.

Manuel López Grobas.

Ignacio Uñón Gurrea.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora del convenio colectivo provincial da Coruña de construción e obras públicas.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación con relación ao calendario laboral que rexerá para o ano 2005, cun total de 1.748 horas efectivas de traballo, acórdase aprobar por unanimidade o que se lle xunta á presente acta e que entra en vigor na data de súa sinatura.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 2005 os que figuran no calendario que se xunta, que son os seguintes:

* 7 de xaneiro.

* 7 e 8 de febreiro.

* 16 de maio.

* 31 de outubro.

* 5, 7 e 9 de decembro.

* 23 de decembro (xornada de 4 horas).

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden no período vacacional non computan para os efectos de F.C.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do calendario indicado ante a delegación provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para os efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase a presente no lugar e data máis arriba indicados.

Notas:

1. Os festivos locais serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP de data 2 de novembro de 2004.

2. Os días sinalados como (FC-8) teñen tratamento de festivo no ano 2005, para dar cumprimento ao artigo 72.1º do convenio xeral do sector da construción, de data 12 de xuño de 2002 e publicado no BOE con data 10-8-2002, non perdendo por tanto o seu carácter laboral para futuros convenios.

3. Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC-8), este pasará ao anterior día laboral.

4. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4º o convenio xeral do sector.

5. Os días FC-8 que figuran no calendario, se coinciden en período vacacional, non computan para os efectos de FC-8.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA