DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 304/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Conservatorio Profesional de Música de titularidade do Concello de Tui (Pontevedra) para impartir as ensinanzas correspondentes ao grao medio.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2004), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden estas competencias.

O Conservatorio Profesional de Música de Tui vén impartindo as ensinanzas de grao medio de música con carácter provisional, primeiro ao abeiro dun convenio asinado o 10 de outubro de 1995, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui, e posteriormente mediante autorizacións provisionais concedidas por Orde do 2 de xullo de 2001 (DOG do 22 de agosto) e pola Orde do 13 de outubro de 2003 (DOG do 27 de outubro).

Realizadas polo Concello de Tui as obras necesarias para adaptar as instalacións aos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), solicita a creación do Conservatorio Profesional de Música para impartir as ensinanzas de grao medio que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

Cumpridos todos os trámites regulamentarios, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o conservatorio profesional de música de titularidade do Concello de Tui (Pontevedra) para impartir as ensinanzas correspondentes ao grao medio.

Artigo 2º

Neste conservatorio impartiranse as ensinanzas de grao medio de música reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e polo Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso aos ditos graos, modificado e ampliado polo Decreto 179/2003, do 27 de febreiro.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as medidas necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dos mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL