DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 2004, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A necesidade de adaptar a estrutura periférica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás actuais necesidades da actividade desenvolvida, fan necesario a modificación da relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de dous mil catro, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de decembro de dous mil catro, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública