DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 13 de decembro de 2004 pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regulando no seu artigo cuarto a composición, e no artigo 5º o procedemento de nomeamento e cesamento dos membros deste órgano.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, o artigo 5º e a disposición derradeira primeira do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, en relación cos decretos 20/2003, do 18 de xaneiro, e 23/2003, de 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Polas vacantes producidas no Consello Galego de Cooperativas noméanse, en representación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Castro Bande, e o subdirector xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores, Jorge Barros de la Peña, como membro titular e suplente, respectivamente.

-Pola substitución producida nun membro suplente, en representación da Unión de Cooperativas do

Ensino de Traballo Asociado de Galicia, noméase, por proposta da devandita Unión, a Alfonso Fernández Rodríguez como vogal suplente.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA