DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.176

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de decembro de 2004 pola que se nomean os vogais compoñentes do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, crea no seu artigo 4 o Consello Galego de Protección de Animais Domés

ticos e Salvaxes en Catividade como órgano consultivo e de estudo da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade. No artigo 6 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, establécese que o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade se comporá dos órganos denominados Pleno, Comisión Permanente e Relatorios Técnicos, e no artigo 7 do devandito decreto relaciónanse os membros que compoñen o Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, determinándose que, xunto aos membros natos que se mencionan, serán nomeados nove vogais en representación das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no número 2 do devandito artigo, así como o secretario, que será un funcionario cualificado da consellería competente na materia nomeado polo presidente.

Por outra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, aprobado no Pleno do 19 de abril de 2001, establece que o mandato dos vogais do Consello será de dous anos, renovable por períodos de igual duración, e empezará a computarse desde o día seguinte ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da orde pola que se nomean estes. Expirada a duración do mandato anterior, solicitóuselles aos sectores implicados que designasen os seus respectivos representantes.

Por isto, en aplicación do artigo 7 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, e tendo en conta, por unha banda, que a disposición derradeira do devandito decreto faculta a consellería competente na materia para ditar as disposicións que requiran o mellor desenvolvemento e eficacia do disposto nel, e por outra, que as funcións de aplicación da normativa sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade están asignadas á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 106/2004, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 107, do 4 de xuño),

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desígnanse vogais do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, por proposta das organizacións, institucións e departamentos autonómicos respectivos, de acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en

catividade, as persoas que a continuación se relacionan:

Pola Consellería de Medio Ambiente:

-Como titular, Javier Turrillo Montiel, xefe do Servizo de Conservación da Biodiversidade.

-Como suplente, José Manuel Pena Regueiro, xefe da Sección de Conservación da Biodiversidade.

Pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural:

-Como titular, Manuel Ángel Barros González, xefe do Servizo de Sanidade Animal.

-Como suplente, José Ángel Suárez Guzmán, xefe de Área de Sanidade Animal.

Pola Consellería de Sanidade:

Como titular, José Angel Viñuela Rodríguez, xefe do Servizo de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública.

Como suplente, Patricia Daporta Padín, xefa do Servizo de Protección da Saúde fronte a Riscos Xerais.

Pola Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local:

Como titular, Pedro Álvarez Fernández, subdirector xeral de Seguridade e Réxime Interior.

Como suplente, Jesús Vales Datorre, xefe de Sección de Coordinación de Policías Locais.

Pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

-Como titular, Enrique Fernández González, alcalde da Pontenova.

-Como suplente, Carlos López Crespo, alcalde de Outes.

Polas asociacións protectoras de animais de Galicia:

- Como titulares, Francisco Javier García Calleja e Julia Diéguez Paz, presidentes da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Santiago, respectivamente.

- Como suplentes, María Nieves Taracido Sobral e Jacobo Pérez Paz, presidentes da Asociación Protectora de Animais de Marín e da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, respectivamente.

Polas asociacións ecoloxistas galegas:

-Como titular, Isabel Kerdudo, representante de Adega.

-Como suplente, César Vidal Rodríguez, representante de ERVA.

Pola organización colexial veterinaria galega:

-Como titular, José Eugenio Rey Fernández, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.

-Como suplente, Jesús Rodríguez Franco, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.

Artigo 2º

Desígnase secretario do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade a Rogelio Fernández Díaz, subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Vicepresidente segundo e conselleiro de Medio

Ambiente