DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.167

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 301/2004, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, fixándose logo polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, a estrutura orgánica dos seus departamentos.

O Decreto 215/2004, do 23 de setembro, modifica o artigo 13 do citado Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, no que atinxe á estrutura orgánica básica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, sendo necesario o desenvolvemento dela ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións asignadas de xeito que permita a máxima eficacia no exercicio destas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, con informe favorable das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia,

na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é o órgano da Administración autonómica ao que lle corresponde, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española, o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servizos sociais de atención primaria, políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais, seguridade e saúde laboral e cooperativas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías nestas materias.

Artigo 2º

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura orgánica:

I. O/A conselleiro/a.

II. Secretaría Xeral.

III. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

IV. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

V. Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

VI. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

VII. Delegacións provinciais.

I. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/A conselleiro/a de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é a superior autoridade da consellería e con tal carácter desempeña e exerce as atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.

II. Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un.-A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a inspección dos servizos e dos centros e organismos dependentes ou adscritos a ela, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Inspección Xeral de Servizos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a imposición de sancións por comisión de faltas graves previstas na Lei 4/1993, do 14 de abril, a coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual da consellería considerada no Plan Galego de Estatística, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, a coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos

competencia desta consellería, así como as que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/da titular da consellería.

Dous.-A Secretaría Xeral, para o exercicio das súas competencias, estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Vicesecretaría Xeral.

Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as funcións de prestarlle asistencia ao/á secretario/a xeral en cantos asuntos lle encomende, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

É a unidade encargada de elaborar o borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación dos expedientes de gasto, a tramitación e xestión dos expedientes de contratación, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e velar pola correcta implantación dos sistemas de información, e as funcións relativas a sistemas ou procesos informáticos da consellería

Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A execución, coordinación, seguimento e control do orzamento, así como a proposta e xestión das súas modificacións.

-A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e propostas de pagamentos.

-A elaboración das instrucións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión económica, acorde coa normativa vixente.

-O control do material de oficina e calquera outra función relativa á xestión económica ou orzamentaria.

-Levar o inventario de bens mobles e inmobles adscritos á consellería, sen prexuízo das competencias da Consellería de Economía e Facenda.

-Xestionar os asuntos xerais, tales como vehículos adscritos á consellería, mantemento de instalacións e outros análogos.

1.2. Servizo de Contratación e Obras.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servizos públicos, subministracións, consultorías e asistencias ou calquera outra figura contractual análoga.

-Seguimento e control da execución de todos os contratos.

-Convenios de colaboración con outros entes públicos en materia de investimento.

-O desenvolvemento das funcións de supervisión dos proxectos respecto das obras que realice a consellería.

1.3. Servizo de Informática.

Corresponderanlle o exercicio das seguintes funcións:

-Planificar, impulsar e mecanizar os sistemas de información da consellería.

-Estudo, seguimento, informe e, se é o caso, proposta sobre plans xerais de informatización.

-Coordinación, supervisión, apoio e asesoramento técnico sobre os plans de informatización.

-Xestionar as bases de datos, redes e sistemas informáticos.

-Velar polo cumprimento da normativa sobre tratamento de datos de carácter persoal.

-Calquera outra función relativa a sistemas ou procesos informáticos da consellería.

-O desenvolvemento destas funcións realizarase sen prexuízo das competencias que, en materia informática, ten atribuídas a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

2. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

É a unidade encargada da coordinación dos servizos de carácter xeral, xestión de persoal da consellería, a dirección e coordinación dos asuntos de réxime interno, organización do rexistro xeral, velar polo sistema de xestión dos procedementos administrativos, así como a coordinación dos estudos e publicacións da consellería e outros asuntos que lle atribúa o/a secretario/a xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Persoal.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería, a súa custodia e arquivo.

-A xestión e tramitación da nómina.

-A elaboración e actualización da relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da consellería.

-A tramitación dos expedientes de incompatibilidade do persoal da consellería.

-Coidar do correcto funcionamento do rexistro xeral da consellería e do seu arquivo.

-Control da asistencia e puntualidade.

-A tramitación das reclamacións e recursos en materia de persoal e a tramitación de expedientes disciplinarios.

2.2. Servizo de Estudos e Publicacións.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A organización e a xestión dos fondos documentais e bibliográficos da consellería.

-A coordinación das publicacións e as funcións relativas ao plan de publicacións da consellería.

-A información xeral e difusión das publicacións da consellería en soporte papel, telemático e audiovisual.

-A coordinación das aplicacións estatísticas da consellería.

-A elaboración de memorias, estudos e informes.

3. Servizo Técnico Xurídico.

Baixo a dependencia directa do/a secretario/a xeral, corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:

-O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral, elaboración das compilacións e refundicións de normas emanadas da consellería.

-O estudo, preparación e tramitación dos expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.

-A tramitación dos expedientes sobre bens demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.

-O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego, sobre as que lle corresponda exercer o protectorado.

-O estudo, tramitación e formulación, se é o caso, de propostas de resolución de recursos ou reclamacións interpostas contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería e, en xeral, a elaboración de estudos xurídicos, informes e demais asuntos, que por razón da súa competencia lle sexan encomendados polo/a secretario/a xeral.

-A coordinación da publicación no Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos ditados polos órganos da consellería.

Tres.-Integradas organicamente na Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existen as seguintes unidades administrativas:

1. Asesoría Xurídica.

2. Intervención Delegada.

III. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Artigo 5º

Un.-Correspóndelle o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de fomento do emprego nas empresas e nas entidades de economía social, así como no eido da colaboración coas administracións e institucións públicas e con entidades sen ánimo de lucro. Así mesmo, levará a cabo a programación, seguimento, control e, se é o caso, a xestión das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

Respecto dos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das compe

tencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordinar a súa xestión, supervisar o seu funcionamento, e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades.

Correspóndelle tamén a elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación e control dos programas de fomento do emprego correspondentes á incentivación da contratación por conta allea e o apoio ao autoemprego, ao emprego en entidades de economía social e nas iniciativas empresariais no ámbito local e rural, aos programas dirixidos á integración laboral das persoas con discapacidade, así como das accións correspondentes ao seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego e a elaboración das estatísticas correspondentes, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Instituto Galego de Estatística.

1.1. Servizo de Programación e Xestión.

A este servizo corresponderalle a xestión dos programas e accións para o fomento da contratación por conta allea, a coordinación dos labores de difusión, formación e información correspondentes aos programas, e daqueloutras actividades que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

1.2. Servizo de Apoio a Emprendedores.

A este servizo corresponderalle a xestión dos programas e accións de apoio a emprendedores, ao emprego en entidades de economía social e á iniciativa empresarial no ámbito local e rural, a coordinación dos labores de difusión, formación e información, asesoramento a emprendedores e empresas familiares e Pemes, e daqueloutros que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2. Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación, control e, se é o caso, a xestión dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, dos de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutros programas de cooperación competencia da dirección xeral. Exercerá, así mesmo, esas funcións en relación coas accións correspon

dentes ao seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego.

2.1. Servizo de Xestión de Escolas Obradoiro.

A este servizo corresponderalle a xestión técnica dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.2. Servizo de Programas de Cooperación.

A este servizo corresponderalle a xestión técnica dos programas de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutras accións e programas de cooperación competencia da subdirección xeral; así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

3. Servizo de Administración e Xestión.

A este servizo corresponderalle a planificación, coordinación e seguimento da xestión económica da Dirección Xeral e a administración dos programas de xestión centralizada e, especialmente, dos experimentais que xurdan nos plans de emprego e que sexan da competencia dela; así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

IV. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 6º

Un.-Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, exercerá as funcións de execución relativas ao cumprimento das obrigas de empresarios e traballadores e, se é o caso, a potestade sancionadora nas materias relativas ao emprego e desemprego.

Desenvolverá tamén as competencias que lle correspondan a esta consellería en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou a acreditación parcial acumulable correspondente. Así mesmo, desenvolverá e aplicará as competencias da consellería para a execución do procedemento establecido para a avaliación e acreditación das competencias da poboación activa de Galicia.

Correspóndelle a elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Formación e Colocación estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

Levará a cabo as funcións de planificación, programación, seguimento e avaliación das accións de

formación ocupacional, o mantemento do censo de centros colaboradores e a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional, así como o seguimento da inserción laboral resultante delas.

Para o desenvolvemento das ditas funcións, contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

1.1. Servizo de Planificación de Formación Ocupacional.

A este servizo corresponderalle a xestión técnica da planificación, programación, avaliación e seguimento das accións de formación ocupacional, así como da inserción laboral resultante delas.

1.2. Servizo de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional.

Corresponderalle a este servizo a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional, execución orzamentaria, seguimento contable e xustificación, así como a elaboración das diferentes estatísticas de formación ocupacional.

2. Subdirección Xeral de Colocación.

Asumirá as funcións de intermediación no mercado de traballo, e en concreto, as relativas a inserción e rexistro dos demandantes de emprego e das ofertas de traballo, rexistro de contratos, autorización de axencias de colocación e Rede Eures (European Employment Services).

Así mesmo, corresponderalle a xestión dos programas de orientación laboral e os de apoio e asistencia na busca de emprego.

A Subdirección Xeral de Colocación estrutúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Xestión e Coordinación.

A este servizo corresponderalle a coordinación da actividade e o soporte técnico da rede de intermediación no mercado de traballo, o seguimento dos convenios establecidos cos centros asociados, o control de calidade da actividade de inserción que desenvolverán, e a avaliación da calidade das infraestruturas exixidas para a súa inclusión na rede de intermediación e atribución de funcionalidades aos ditos centros de acordo coa tipoloxía establecida.

2.2. Servizo de Administración Informática.

No ámbito das materias competencia da dirección xeral corresponderalle a administración dos sistemas de información, a supervisión dos soportes técnicos e mantemento das aplicacións, elaboración das estatísticas e informes de resultados da xestión, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e ó Instituto Galego de Estatística.

2.3. Servizo de Orientación Laboral.

A este servizo corresponderalle a xestión dos programas de axuda á busca de emprego, de mellora de emprego ou de reciclaxe profesional, así como os relativos ao asesoramento e orientación profesional e laboral, análise e información do mercado

de traballo, a súa evolución e a adecuación entre a oferta formativa e a demanda laboral.

3. Subdirección Xeral das Cualificacións.

Desenvolverá as funcións necesarias para garantir a implantación efectiva do Sistema Nacional de Cualificacións en Galicia, así como dos procesos de estudo das cualificacións, tanto para a súa determinación como para o seu seguimento, establecendo os sistemas de interrelación e cooperación cos organismos, departamentos e axentes sociais implicados no mundo produtivo e formativo. Coordinación dos distintos departamentos competentes en materia de formación profesional, co fin de promover a integración efectiva dos tres subsistemas e entre estes e o mundo sociolaboral que lle serve de marco de referencia.

Dándolle cumprimento ao Plan Galego de Formación Profesional, elaborará cantos estudos, informes e plans de actividades lle sexan requiridos polo Consello Galego de Formación Profesional.

Así mesmo, asumirá as funcións recollidas no Decreto 93/1999, do 8 de abril, polo que se crea o Instituto Galego das Cualificacións.

A Subdirección Xeral das Cualificacións estrutúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

3.1. Servizo de Observatorio Ocupacional.

A este servizo corresponderanlle as seguintes funcións: a análise permanente das necesidades de cualificación dos distintos colectivos de xeito que sirva de marco de referencia para a elaboración e articulación das ofertas normativas dos tres subsistemas de formación profesional e para a súa actualización permanente. Realizará o seguimento da evolución das cualificacións a través do Observatorio Ocupacional, que ten encomendadas as funcións de recoller, analizar e proporcionar información sobre as estruturas ocupacionais e a súa evolución para adaptar as cualificacións profesionais ás necesidades do mercado de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.2. Servizo de Deseño e Acreditación das Cualificacións.

A este servizo corresponderalle a participación na confección do Repertorio Nacional das Cualificacións, así como na súa actualización permanente, elaborando propostas para o catálogo de cualificacións profesionais de acordo cos resultados dos estudos realizados no tecido empresarial galego e participará na determinación de criterios para definir os requisitos e as características que deben reunir as cualificacións profesionais para seren incorporadas ao Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais.

Regulará os métodos básicos que deben observarse na avaliación da competencia e o procedemento para a concesión de acreditacións polo organismo competente e determinará correspondencias e validacións dentro dos principios, bases e directrices fixados polo Instituto Nacional de Cualificacións.

Proporá métodos e instrumentos de acreditación da cualificación.

Realizará as tarefas necesarias para o establecemento dun marco de referencia da programación xeral de todos os subsistemas de formación e apoiará a tarefa normativa e de regulamentación realizada polos órganos competentes da Comunidade Autónoma.

V. Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

Artigo 7º

Un.-Correspóndelle a elaboración de propostas para a formulación da política da consellería en materia de servizos comunitarios e inclusión social. Realizará funcións de estudo das necesidades e problemáticas de servizos sociais de atención primaria.

Correspóndelle a xestión e coordinación do funcionamento do Consello Galego de Servizos Sociais e a planificación, ordenación, coordinación, seguimento e avaliación dos servizos sociais de atención primaria. Así mesmo, asesorará os concellos e outros entes locais na creación, organización e funcionamento destes servizos e colaborará na formación permanente do seu persoal.

Tamén realizará a planificación, coordinación, seguimento e control da execución dos programas de inclusión social, o asesoramento e asistencia técnica ás entidades prestadoras de servizos sociais, así como calquera outra función que lle corresponda á dirección xeral en materia da súa competencia ou que lle sexa atribuída pola normativa vixente no eido dos servizos sociais.

Correspóndelle tamén, a elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Dous.-A Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social, para o exercicio das súas competencias, contará coa seguinte unidade administrativa:

1. Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

É a unidade á que lle corresponde a realización dos programas de inclusión social en relación coas problemáticas concretas de marxinación e exclusión social, aplicando proxectos de traballo social personalizado ou de grupos.

Así mesmo, correspóndenlle as funcións de planificación, programación, coordinación, seguimento, avaliación e control da xestión das prestacións sociais e económicas competencia da Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

É a unidade encargada da xestión do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, a xestión dos expedientes de autorización de centros de servizos sociais, a inspección e control do funcionamento dos centros, servizos e programas competencia desta consellería.

Tamén lle corresponden as funcións de xestión, programación, asesoramento técnico, coordinación, seguimento e control dos programas, centros e servizos de atención primaria, a coordinación do funcionamento do Consello Galego de Servizos Sociais e a xestión e coordinación do funcionamento das mesas autonómica e provinciais de control e avaliación da renda de integración social de Galicia.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo.

1.1. Servizo de Inclusión Social.

Correspóndelle:

-A coordinación, execución e seguimento dos plans e programas de actuación da dirección xeral, de equipamentos e servizos sociais e dos programas xurdidos da participación en iniciativas comunitarias dirixidas a paliar as ditas problemáticas, así como a execución dos proxectos que, se é o caso, se deriven.

-Actuar como unidade de coordinación dos programas sociais existentes na consellería con outras áreas de actuación dependentes doutros departamentos, así como a xestión operativa dos recursos sociais susceptibles de colaboraren con outras áreas.

-A coordinación e control do funcionamento dos centros e servizos competencia desta consellería, así como a elaboración de propostas de xestión operativa de medios humanos e recursos.

1.2. Servizo de Cooperación coas Corporacións Locais.

Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

-A xestión, coordinación, seguimento, avaliación e control dos servizos sociais de atención primaria.

-A coordinación das actividades formativas relativas ao desenvolvemento e execución dos programas de atención primaria e o asesoramento e asistencia técnica aos concellos e outros entes locais en materia de atención primaria de servizos sociais.

-A xestión, coordinación, seguimento, avaliación e control dos servizos sociais dependentes das entidades locais nas áreas de actuación de competencia da consellería.

-A implantación e seguimento do Sistema de Información dos Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS) e do Manual para os profesionais de traballo, información e asesoramento de servizos sociais (Matiass).

-A preparación, xestión, seguimento e control dos programas que regulan axudas destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais, nas materias anteriormente citadas.

1.3. Servizo de Prestacións.

-A xestión das prestacións previstas na Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social.

-A xestión das prestacións económicas derivadas do Real decreto lei 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, no relativo ás prestacións non

contributivas e outros réximes vixentes de carácter transitorio.

-A preparación, xestión, seguimento e control dos programas que establecen subvencións destinadas á prestación de servizos sociais no seu ámbito competencial.

-O estudo, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, en que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

1.4. Servizo de Autorización e Inspección.

Correspóndenlle respecto das entidades, centros e servizos sociais do ámbito competencial da consellería as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes relativos ao rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.

-A xestión dos expedientes de autorización, creación, modificación substancial e concesión do permiso de inicio de actividades dos centros de servizos sociais.

-O exercicio da función inspectora no relativo aos servizos de atención primaria velando polo cumprimento da normativa vixente en materia de servizos sociais e, en especial, polo respecto dos dereitos dos usuarios de servizos sociais, previstos no artigo 34 e seguintes da Lei 4/1993, e levar a cabo a tramitación das iniciativas e reclamacións dos usuarios, así como propoñer a adopción das medidas necesarias para corrixir as deficiencias detectadas.

-Asegurar a calidade das prestacións mediante a verificación do cumprimento das condicións funcionais e materiais dos centros, servizos e programas de servizos sociais competencia desta consellería.

-Colaborar cos órganos e entidades competentes en materia de servizos sociais dos diferentes ámbitos territoriais, mediante a elaboración de informes ou a achega de datos para mellorar a regulación, planificación e xestión dos centros sociais.

VI. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 8º

Un.-Correspóndelle á Dirección Xeral de Relacións Laborais a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, seguridade e saúde laboral, cooperativas e empresas de economía social, sen prexuízo das funcións relativas á promoción do emprego en entidades de economía social e das competencias atribuídas a outras consellerías en materia de cooperativas.

Así mesmo, atribúeselle ao director xeral de Relacións Laborais, no ámbito das competencias da dirección xeral, o coñecemento e a resolución dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións ditadas polos delegados provinciais no seu respectivo ámbito territorial.

Dous.-O titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais exercerá a dirección do Instituto Galego

de Seguridade e Saúde Laboral (Igasel) nos termos que establece o Decreto 200/2004, do 29 de xullo.

Tres.-Para o desenvolvemento das súas funcións, estruturarase nas unidades que a continuación se relacionan e que terán atribuídas as seguintes funcións:

1. Subdirección Xeral de Traballo.

Correspóndelle:

-A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, así como a modulación das relacións cos axentes sociais.

-A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación, e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Relacións Laborais.

Correspóndelle:

-A instrución, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de regulación de emprego, e daqueloutros sobre relacións individuais ou colectivas atribuídas á Administración laboral.

-A xestión e tramitación das axudas equivalentes a xubilacións anticipadas e outras análogas a traballadores en empresas en crise non suxeitas a plans de reconversión.

-A tramitación e proposta de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións laborais da competencia da dirección xeral.

-O depósito, rexistro e publicación de convenios colectivos, adhesión e instrución dos procedementos de extensión de convenios colectivos.

-Depósito de estatutos dos sindicatos e das asociacións empresariais e a expedición de certificación de documentación en depósito.

-Execución e coordinación das funcións que lle corresponden á autoridade laboral en materia de eleccións sindicais.

-A recepción, seguimento e coordinación das declaracións de folgas e peches patronais.

-A xestión e instrución dos procedementos e o desenvolvemento das funcións de mediación, arbitraxe e conciliación.

-A autorización administrativa e o rexistro das empresas de traballo temporal.

-A xestión das subvencións a centrais sindicais.

-Elaboración de estatísticas de relacións laborais.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

2. Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

Á Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral correspóndelle a promoción, coordinación,

desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de prevención de riscos laborais, así como o establecemento de vías de colaboración e cooperación técnica e institucional con organismos e institucións con competencias na materia, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente lle atribúe á Consellería de Innovación, Industria e Comercio no referente a traballos en minas, canteiras e túneles que exixan a aplicación da técnica mineira.

Correspóndelle a coordinación das actuacións dos centros provinciais de seguridade e saúde laboral, de acordo coas políticas establecidas para a prevención de riscos laborais.

Así mesmo, asumirá as funcións recollidas no Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Tamén lle corresponde a elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará cos seguintes servizos:

2.1. Servizo de Seguridade e Saúde Laboral.

A esta unidade corresponderalle:

-A tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións a entidades formativas, para impartir cursos de niveis intermedio e superior de prevención de riscos laborais.

-A tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións dos servizos de prevención alleos e auditorías de prevención.

-Elaboración de estatísticas sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

-Xestión e seguimento de programas comunitarios en materia de prevención de riscos laborais.

-Execución do orzamento de gasto asignado ao programa de seguridade e saúde laboral.

-O exercicio das actividades da Secretaría do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

3. Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.

Á Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social correspóndelle a promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de cooperativas e outras empresas de economía social, así como as relacións coas súas entidades representativas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías en materia de cooperativas.

Correspóndelle, ademais, a elaboración do estudo do anteproxecto de orzamento anual correspondente ao seu programa de gasto, a súa xestión, seguimento e avaliación, así como a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Cooperativas e Economía Social.

Ao que lle corresponderá:

-A cualificación, inscrición e certificación dos actos que deben acceder ao rexistro xurídico de cooperativas central, e os depósitos relativos ás asociacións de cooperativas.

-A tramitación de expedientes sancionadores por infracción da normativa cooperativa, así como de procedementos de adopción de medidas de intervención temporal e de descualificación de cooperativas.

-A cualificación e inscrición no rexistro administrativo de sociedades laborais e expedición de certificacións.

-A cualificación e inscrición no rexistro administrativo de centros especiais de emprego e expedición de certificacións.

-Información e asesoramento en materia de cooperativa e de empresas de economía social, así como o impulso das relacións intercooperativas.

-A coordinación dos rexistros provinciais de cooperativas.

-Planificación, xestión e control das axudas a cooperativas, sociedades laborais e as súas asociacións.

-Execución dos programas de promoción e divulgación do cooperativismo e doutras formas de economía social.

-Elaboración de estatísticas, realización e coordinación de estudos sobre cooperativas e empresas de economía social.

-O desenvolvemento e a xestión daqueloutras funcións atribuídas á autoridade laboral na normativa de cooperativas e sociedades laborais.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

VII. Delegacións provinciais.

Artigo 9º

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais organízase en catro delegacións provinciais, que desenvolven as súas funcións no ámbito territorial correspondente a cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado/a do que dependerán todos os servizos, unidades ou centros da consellería que radiquen no ámbito territorial da súa competencia. Os delegados dependerán orgánica e funcionalmente do conselleiro, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar do secretario xeral e dos directores xerais da consellería.

Nos seus respectivos ámbitos territoriais, correspóndelles aos delegados provinciais o exercicio das competencias establecidas polo Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e a demais normativa vixente.

3. As delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais estarán integradas polas seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servizo:

3.1. A secretaría da delegación.

Baixo a autoridade e supervisión do delegado, corresponderanlle as seguintes funcións:

-A elaboración do estudo do anteproxecto de orzamento anual correspondente ao programa de gasto da delegación e dos centros dela dependentes.

-Control contable, xestión e xustificación dos créditos que se lle asignen ou desconcentren.

-A coordinación administrativa do funcionamento dos servizos dependentes da delegación provincial.

-A xestión do persoal que preste servizos na delegación.

-As cuestións de réxime interior, información e atención ao cidadán, rexistro xeral, publicacións, tramitación administrativa, arquivo e inventario.

-A execución de actuacións de inspección da organización e funcionamento dos servizos administrativos da delegación.

-A supervisión e coordinación dos plans sociais implantados, dentro do ámbito competencial da respectiva delegación provincial.

-Prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa ao delegado/a e substituílo en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

-Calquera outro asunto que non sexa de competencia específica dos demais servizos da delegación.

3.2. Servizo de Xestión Económica.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

-A coordinación e supervisión da xestión económica dos servizos da delegación e dos centros dependentes dela.

-A administración, control e xustificación dos créditos asignados á delegación.

-A habilitación dos medios materiais.

-A tramitación dos expedientes de contratación.

3.3. Servizo de Prestacións.

Terá ao seu cargo:

-A xestión, tramitación e resolución administrativa das pensións non contributivas de invalidez e xubilación e das prestacións derivadas da Lei galega 9/1991, de medidas básicas para a inserción social, así como as demais prestacións económicas e sociais previstas noutros réximes transitorios.

-A execución e control, a nivel provincial, dos plans de actuación en materia de inclusión social.

-Xestión, tramitación, seguimento e control das axudas e programas dirixidos aos servizos sociais de atención primaria nas áreas de competencia da consellería.

-Xestión, tramitación e proposta de resolución das axudas destinadas á prestación de servizos sociais polas entidades de iniciativa social do respectivo ámbito territorial.

-As funcións de inspección que expresamente lle sexan atribuídas e a coordinación, seguimento e control da xestión dos equipamentos de titularidade autonómica incluídos no seu ámbito provincial.

3.4. Servizo de Promoción do Emprego.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Promoción do Emprego no respectivo ámbito provincial.

3.5. Servizo de Formación e Colocación.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Formación e Colocación no respectivo ámbito provincial.

3.6. Servizo de Relacións Laborais.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito provincial, en materia de relacións laborais, cooperativas e economía social.

3.7. Servizo de Seguridade e Saúde Laboral.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito provincial en materia de seguridade e saúde laboral e as derivadas do que establece o Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Artigo 10º.-Outros órganos.

Están adscritos á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, coa composición e funcións que sinalan as súas normas de creación, os seguintes órganos:

1. Comité Autonómico de Emprego e os Comités Provinciais de Emprego e Seguimento de Contratación Laboral.

2. O Consello Galego de Servizos Sociais e os Consellos Provinciais de Servizos Sociais.

3. As mesas autonómica e provinciais de control e avaliación da renda de integración social de Galicia.

4. Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e os Comités Provinciais de Seguridade e Saúde Laboral.

5. Consello Galego de Cooperativas.

Artigo 11º.-Consello Galego de Relacións laborais

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, órgano institucional de diálogo entre os sindicatos e as asociacións empresariais, e órgano consultivo asesor da Comunidade Autónoma nas materias relativas á política laboral.

Baixo a dependencia do presidente, quen terá para todos os efectos categoría de director xeral, o Consello estrutúrase en:

1. Secretaría do consello.

Correspóndenlle á secretaría as funcións atribuídas no artigo 16 da Lei 7/1988, do 12 de xullo,

de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Para o desempeño destas funcións e demais atribuídas ao consello, contará coa seguinte unidade administrativa con rango de servizo:

1.1. Servizo Xurídico e de Solución de Conflitos, ao que lle corresponden as seguintes funcións:

-Coordinación da elaboración dos ditames sobre proxectos normativos que sexan remitidos ao consello e dos estudos necesarios para a súa realización.

-Coordinación dos informes e estudos que sexan requiridos polo Pleno ou Comisión Permanente ou elaborados por propia iniciativa do consello.

-Asesoramento en materia laboral dentro do marco do consello.

-Coordinación xurídica e administrativa do Servizo de Solución de Conflitos (órgano xestor do Acordo Interprofesional Galego sobre Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo -AGA- DOG do 8 de abril de 1992 e do 4 de maio de 1995 que, entre outras, implica:

-Relación e comunicación cos mediadores-conciliadores e árbitros do AGA.

-Responsabilidade en canto á correcta tramitación administrativa dos distintos procedementos previstos no AGA.

-Realización das oportunas xestións en canto á facilitación dos medios materiais e persoais que sexan necesarios para xestionar o conflito.

-Desprazamento ao lugar do conflito para a realización das xestións administrativas exixidas polos distintos procedementos.

-Mantemento do sistema informático de AGA e dos seus resultados estatísticos, así como o mantemento e custodia do arquivo das distintas actuacións.

-Relación e comunicación coas organizacións asistentes do acordo e cos membros da súa comisión paritaria.

Disposición adicional

O representante da extinta Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a que fai referencia o artigo 4 do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, de organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, entenderase que é o representante da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de políticas activas de emprego.

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das distintas unidades administrativas existentes con anterioridade ou se suprima algunha das devanditas unidades, autorízase a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para readscribir o persoal afectado a postos

do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os devanditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que, en ningún caso, a readscrición ou adscrición supoña cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública de Galicia e na Lei 9/1997, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 212/2003, do 3 de abril, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estrutura orgánica establecida neste decreto non suporá incremento de gasto.

Segunda.-Facúltase a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de decembro dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais