DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación da obra de reforma do centro sociocultural de Callobre.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Miño. Expediente tramitado en secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra de reforma do centro sociocultural de Callobre.

3.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Tipo de licitación.

69.252,03 euros.

5. Garantías.

Provisional: 1.385,05 euros.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Miño (A Coruña), avda. Xeneralísimo, 98 Miño.

Teléfono: 981 78 20 06.

Fax: 981 78 31 75.

Durante o prazo de trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de trece días (13) naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, no Rexistro de Entrada do Concello de Miño.

b) Documentación: a exixida no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Miño.

9. Apertura de plicas.

Terá lugar na casa do concello, ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se caesen en sábado, trasladaríase ao luns seguinte.

10. Gastos.

Ser por conta do adxudicatario todos os gastos que se orixinen.

Miño, 13 de decembro de 2004.

Juan A. Maceiras Barros

Alcalde