DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de decembro de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle de aliñacións e ordenación de volumes de iniciativa particular, promovido por David Fraga Cotelo, na parcela 7,

da 1ª travesía Eusebio Bertoa Queijo-Vilaño-A Laracha, segundo proxecto do arquitecto Alfonso Suárez Alvite.

Recursos: contra esta resolución poden interpoñerse os seguintes recursos:

Directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Potestativamente: recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes.

Pode exercerse, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

A Laracha, 21 de decembro de 2004.

José Manuel López Varela

Alcalde