DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

De conformidade co artigo 92 da Lei 9/2002, publícase acordo de aprobación definitiva do Plan Espe

cial de Reforma Interior 11.1 que desenvolve o polígono 11.1 da área de repartición AR-11 de solo urbano non consolidado, adoptado en sesión plenaria do 7 de outubro de 2004.

Faise constar que con data do 22 de novembro de 2004 lle foi remitida unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado, con todos os planos e documentos que o integran, á Consellería de Política Territorial.

«4. Aprobación definitiva, se procede, do Plan Especial de Reforma Interior 11.1 que desenvolve o polígono 11.1 da área de repartición Ar-11.

Sen máis intervencións, a Corporación, por unanimidade dos 16 membros asistentes, adoptou o seguinte acordo:

-Visto o proxecto e documentación anexa elaborado polo propio concello, relativo a Plan Especial de Reforma Interior.

-Vista a aprobación inicial do devandito Plan Especial de Reforma Interior 11.1 que desenvolve o polígono 11.1 da área de repartición AR-11, por acordo plenario do 5 de agosto de 2004.

-Realizada a preceptiva información pública.

-Visto que non era preciso solicitar informes sectoriais preceptivos.

-Vistos os informes técnicos existentes no expediente.

-Visto o ditame da Comisión de Obras e Urbanismo do 4 de outubro de 2004.

-Visto o informe de Secretaría do 4 de outubro de 2004.

-Visto o informe técnico relativo ao abastecemento e saneamento de auga.

ACORDAMOS:

1. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior 11.1 que desenvolve o polígono 11.1 da área de repartición AR-11.

2. Proceder á publicación e ás remisións á Administración xeral do Estado e á Administración da Comunidade Autónoma, todas elas preceptivas segundo o artigo 70.2º da Lei 7/1985».

O Barco de Valdeorras, 22 de novembro de 2004.

Alfredo García Rodríguez

Alcalde