DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

De conformidade co artigo 92 da Lei 9/2002, publícase acordo de aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior 2.1 que desenvolve o polígono 2.1 da área de repartición AR-2 de solo urbano non consolidado, adoptado en sesión plenaria do 7 de outubro de 2004.

Faise constar que con data do 22 de novembro de 2004 foi remitida unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado, con todos os planos e documentos que o integran, á Consellería de Política Territorial.

«5. Aprobación definitiva, se procede, do Plan Especial de Reforma Interior pertencente á área de repartición 2 e do polígono 2.1.

Sen máis intervencións, a Corporación, por unanimidade dos 16 membros asistentes, adoptou o seguinte acordo:

-Vista a solicitude e documentación anexa presentada por Celso Núñez García o 2 de agosto de 2004, relativa a Plan Especial de Reforma Interior.

-Vista a aprobación inicial do devandito Plan Especial de Reforma Interior 2.1 que desenvolve o polígono 2.1 da área de repartición AR-2 de solo urbano non consolidado, por acordo plenario do 5 de agosto de 2004.

-Realizada a preceptiva información pública.

-Visto que non era preciso solicitar informes sectoriais preceptivos.

-Vistos os informes técnicos existentes no expediente.

-Visto o ditame da Comisión de Obras e Urbanismo do 4 de outubro de 2004.

-Visto o informe de Secretaría do 4 de outubro de 2004.

-Vista a documentación achegada con posterioridade á aprobación inicial, incluíndo aval polo importe das obras de urbanización.

ACORDAMOS:

1. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior 2.1 que desenvolve o polígono 2.1 da área de repartición AR-2 de solo urbano non consolidado, tendo en conta as seguintes puntualizacións que se poderán levar a cabo no proxecto de urbanización:

-Deben situarse polo menos 3 prazas de aparcamento accesibles segundo o RASB.

-A rotonda de xiro da vía programada terá un raio de xiro ao eixe de, polo menos, 6 metros.

2. Comunicar este acordo, e requirir a Celso Núñez García para que achegue dous exemplares en galego e dous en castelán, de toda a documentación integrante do plan que se aproba neste acordo (memoria e documentos anexos e planos).

3. Proceder á publicación e ás remisións á Administración xeral do Estado e a Administración da Comunidade Autónoma, todas elas preceptivas segundo o artigo 70.2º da Lei 7/1985».

O Barco de Valdeorras, 22 de novembro de 2004.

Alfredo García Rodríguez

Alcalde