DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de novembro de 2004, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a Construcciones Airado Maseda, S.C., a resolución do expediente sancionador VP-C 32/01.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ao interesado, Construcciones Airado Maseda, S.C., a resolución do expediente sancionador VP-C 32/01, pola que se declara a caducidade do procedemento sancionador polo transcurso do prazo legal sinalado para resolver, acordando o arquivo do expediente.

Esta resolución non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de novembro de 2004.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa de Área Provincial da Coruña