DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2004 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, e a Resolución do 9 de abril de 2003, da presidencia de Augas de Galicia, publicada no DOG nº 75, do 16 de abril, resolveu adxudicar o seguinte contrato:

1. Consultoría e asistencia para a auscultación e vixilancia ás presas de Forcadas, Cecebre, Eiras, Baiona e Con.

Clave: EC00604AT.

Adxudicatario: Geseco, S.A:

Orzamento: 276227,48 A.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia