DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social que se cita.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ao non poder notificar por correo certificado a resolución ditada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposicións infrinxidas cítanse de seguido:

Empresa: Estrugalicia, S.R.L.

Domicilio: San Eufrasio, 147, Lugo.

NIF: B-27216902.

Nº expediente: 119/04.

Contía: 1.502,54 A.

Disp. infrinxida: R.D. 1627/1997.

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conduto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que de non ser iniciado este en tempo e forma, deberán aboar a multa imposta a través da Caixa Galicia, Cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 23 de novembro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo