DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de novembro de 2004, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Detrás, Escuredo e Balsanín solicitados a favor da parroquia de Zobra, do concello de Lalín e abrése un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 1993, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Lalín.

Parroquia: Zobra.

Nome do monte: Detrás, Escuredo e Balsanín.

-Nome do monte: parcela I.

Cabida: 25,03 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: predios particulares de Antonio Cachafeiro Acebedo e monte dos veciños de Moa.

Sur: predios particulares de José Crespo Dobarro, Florentino Dobarro Mos, Manuel Crespo Lois e MVMC de Zobra.

Leste: predios particulares de José Otero Presas, Rosa Casado Moa, Andrés H. Otero Espiño, Julio Pichel Cudeiro, José Moa Gulias, Manuel Fernández Munín e José Moa Soto.

Oeste: MVMC de Zobra e monte dos veciños de Moa.

Encravados:

Polígono 294, parcela 448: Ramón Otero Presas.

Polígono 294, parcela 56: Delfín Fernández Munín.

Polígono 294, parcela 53: Ramón Otero Presas.

-Nome do monte: parcela II.

Cabida: 78,3157 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: monte dos veciños de Moa.

Sur: predios particulares de Nonita Munín Taboada, Josefa Bastón Munín e MVMC de Zobra.

Leste: predios particulares de José García González, José e Esposa Pájaro, Segundo Arguiz Silva, Emilio García González e MVMC de Zobra.

Oeste: predios particulares de Cándido Vispo Moa, José Moa Gulias, Rosa Casado Moa, Julio Pichel Cudeiro, Ramón Otero Presas, José Otero Presas, Andrés H. Otero Espiño e camiño.

Encravados:

Polígono 295, parcela 840: José Cachafeiro Casado.

Polígono 295, parcela 841: Julio Pichel Cudeiro.

Polígono 295, parcela 842: Julio Pichel Cudeiro.

Polígono 296, parcela 973: Rosa Casado Moa.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poidan examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 22 de novembro de 2004.

Luis Mª Muíños Vidueira

Instrutor