DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, P-81/2004, devolto polo servizo de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 106/2004, do 27 de maio, DOG do 4 de xuño), polo cal se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para todos os efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta Caixa Galicia, Cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ao aboamento da sanción, deberá utilizar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 22 de outubro de 2004.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-81/2004.

Denunciado: Óscar Díaz Rodríguez.

DNI: 34269569-Y.

Enderezo: Martín, nº 1. Bóveda. Lugo.

Feito denunciado: practicar o deporte da pesca fluvial con cana sen estar en posesión da preceptiva licenza de pesca en vigor. Feitos constatados o día 18-6-2004 ás 18.15 horas, no encoro de Vilasouto, Bóveda. Lugo.

Precepto sancionador: 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obter a licenza de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano