DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de decembro de 2004, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución de incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade P-UL-72.04/01, a José González Soto por realización de obras, no lugar de Praia de Arealonga, termo municipal de Redondela, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegada territorial desta consellería, pola que se acorda a incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº P-UL-72.04/01, a José González Soto, por realización de obras consistentes no cambio de cuberta en vivenda con aumento de volume, no lugar de Praia de Arealonga, termo municipal de Redondela, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos duna infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos RR.DD. 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.), nomeándose o persoal do Servizo de Usos do Litoral desta delegación territorial, como instrutor a Alfonso Fernández Fernández e

secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, (Decreto 125/2002, do 4 de abril).

Os nomeamentos de instrutor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo o instrutor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II, os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

De conformidade co establecido no artigo 120 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, que modifica o artigo 102 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, cómpre informalo de que o prazo para notificación da resolución dos procedementos sancionadores será de doce meses. Transcorrido este prazo sen que se produza aquela ditarase resolución declarando a caducidade do procedemento ordenando o arquivo das actuacións cos efectos previstos na lexislación vixente. A caducidade non producirá por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interrompirán o prazo de prescrición (artigo 92.3º

da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Así mesmo, cómpre informarlo que este prazo de doce meses quedará suspendido:

Cando deba requirírselle ao interesado a emenda de deficencias, a achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificárselle ao interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorios, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ao expediente.

Pontevedra, 1 de decembro de 2004.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: P-UL-72.04/01.

Denunciado: José González Soto.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño Cacharela, nº 44 B, 36800 Redondela.

Data do acordo: 2-11-2004.

Feitos: cambio de cuberta de vivenda con aumento de volume.

Lugar: Praia de Arealonga.

Concello: Redondela.

Medidas de carácter provisional: ordear a inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente, advertíndolle que, noutro caso, procederase ao seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Circuntancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que se lle poidese impoñer, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

Preceptos infrinxidos: artigos 25 e 26.1º da L.C. e 45.1º, 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), e 95.1º da L.C. e 174 c) 179.1º do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.