Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ayaso I, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 28-11-2003, Martín Suárez Ferreiros solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Ayaso I.
Segundo.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Carmen Ferreirós Muñiz e Martín Suárez Ferreirós (DNI: 33112889-L e 76779907-L), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Ayaso I.
Localización:
Cuadrícula nº: 29.
Polígono: D.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 9-12-1964 (BOE/DOG nº 6, do 7-1-1965).
Remate vixencia: 6-1-2005.
Antigos titulares: José Suárez Torrado (DNI: 72309028-H) e Carmen Ferreirós Muñiz (DNI: 33112889-L).
Novos titulares: Carmen Ferreirós Muñiz (DNI: 33112889-L), œ indiviso da concesión e Martín Suárez Ferreirós (DNI: 76779907-L), œ indiviso restante.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pago do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, previa comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión, queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización de compravenda en escritura pública.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 30 de novembro de 2004.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Beatriz Mato Otero
Delegada territorial da Coruña