DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sarandóns (Abegondo-A Coruña), devolta polo servizo de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servizo de correos, notifícaselle ao interesado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución dos recursos de alzada interpostos por XUGA 433 SAT Montouto e Ángel Monteagudo Rebollar, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sarandóns (Abegondo-A Coruña).

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2004.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Destinatario: XUGA 433 SAT Montouto.

Enderezo: Montouto 15318 Abegondo (A Coruña).

Destinatario: Ángel Monteagudo Rebollar.

Enderezo: Montouto 15318 Abegondo (A Coruña).

Texto: «1. Acumular os recursos presentados polos interesados que se mencionan no encabezamento desta resolución, presentados contra a Resolución do 27 de outubro de 2003, relativa á zona de concentración parcelaria de Sarandóns (Abegondo-A Coruña).

2. Desestimar os recursos interpostos polos anteditos interesados contra a Resolución do 27 de outubro de 2003, do director xeral de Infraestruturas Agrarias, sen prexuízo de facer constar no plano xeral do acordo e nos títulos de propiedade que se lles entreguen aos propietarios da zona a súa pertenza á parroquia de Montouto (Abegondo-A Coruña).

Notifíqueselles esta resolución aos interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a súa notificación ante órgano xurisdicional competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de xurisdición contencioso-administrativa.

O que lle notifico para os efectos oportunos».