DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/743-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Pombal.

Situación: concello de Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 244 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ribeira de Fefiñáns e remate na L.M.T. CBD804-As Sinas, entre o C.T. Ribeira e o C.S. Porto Tragove, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado, de 800 kVA R.T. 20 kV/400-230 V, situado na avda. Pombal de Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra