Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Domingo Fontán.
Situación: concello de Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 6 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. LOZ806 (A Barca), entre o C.D. parque automóbiles e Gamasa, e remate no mesmo punto unha vez que entre e saia do C.T. proxectado, de 630 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado na rúa Domingo Fontán de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alega
cións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 5 de novembro de 2004.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra