DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/738-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de

enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. parque industrial I.

Situación: concello de Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 1.216 m de lonxitude, con orixe no tramo de L.M.T.S. existente, derivación ao C.T. polígono I, e remate no mesmo punto unha vez que entre e saia do C.T. proxectado, de 400 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado no parque industrial de Castiñeiras, no concello de Bueu.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra