DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/736-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. rúa nº 1.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 293 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. VAR810-Ibescas, entre os CC.TT. avda. Cambados e Vilaxoán, e remate na cela de liña do C.T. Vilaxoán. C.T. de 1.260 kVA (dous trafos de 630 kVA c/u), R.T. 20 kV/400-230 V, situado na rúa nº 1 de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra