DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.135

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (70/2004).

Carmen García Pedreira, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dus de Noia, dá fe e testemuña de que no xuízo de faltas nº 70/2004 se ditou a sentenza cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentenza. En Noia, 15 de setembro de 2004.

Vistos por min, Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Noia e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas nº 70/2004, por unha falta de danos, ameazas, en que foi denunciante Santiago Javier Gallardo Saavedra, asistido do letrado Daniel Insua Reino, e denunciado José Antonio Romero Lojo. Interveu no exercicio da función pública o Ministerio Fiscal.

Resolvo que, en atención ao exposto, debo condenar e condeno a José Antonio Romero Lojo, como autor criminalmente responsable da falta de danos xa definida, sen concorreren circunstancias modificativas da responsabilidade, á pena de multa de 15 días cunha cota diaria de 3 euros, coa responsabilidade penal subsidiaria do artigo 53 do Código Penal, para o caso de non pagamento, condénase, así mesmo, a que lle aboe a Santiago Javier Gallardo Saavedra a cantidade de 260,83 euros polos desperfectos causados no vehículo da súa propiedade, suma que se incrementará, desde a data desta resolución e ata o seu completo pagamento, nos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil; así mesmo, debo condenar e condeno a José Antonio Romero Lojo, como autor criminalmente responsable da falta de ameazas xa definida, sen concorreren cirscunstancias modificativas da responsabilidade, á pena de multa de 20 días cunha cota diaria de 3 euros, coa responsabilidade penal subsidiaria do artigo 53 do Código

Penal para o caso de non pagamento; todo isto con expresa condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que se deberá presentar ante este xulgado, e no que, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións en que se basee a impugnación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentenza en legal forma a José Antonio Romero Lojo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o 25 de novembro de 2004.

A secretaria

Rubricado