DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.135

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (134/2003).

Carmen García Pedreira, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Noia, dá fe e testemuña que no xuízo de faltas nº 134/2003 se acordou citar a Francisco López Muñoz, a teor da seguinte cédula de citación:

«Por orde de S.Sª e por telo así acordado nas dilixencias do xuízo de faltas arriba indicado, por ameazas, citará vd. as persoas que logo se dirán e no concepto que se expresa, para que o día 28 de xaneiro de 2005, ás 10.15 horas, comparezan ante a sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de asistir ao acto de xuízo oral.

Faráselles saber ás partes que deberán comparecer con todos os medios de proba de que se intenten valer no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) ou solicitar, de ser o caso, e con antelación suficiente a súa citación xudicial, así como que poderán ser asistidos de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Deberase apercibir as partes e testemuñas que residan dentro do termo municipal que, de non compareceren nin alegaren xusta causa que llelo impida, se lles poderá impor unha multa.

Faráselles saber aos presuntos culpables que residan fora do termo municipal, que poderán dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa que presente no citado acto as probas de descargo que tivesen, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

Na Secretaría deste xulgado está á disposición do denunciado copia da correspondente denuncia.

Noia, 25 de novembro de 2004.

A secretaria

Rubricado

Persoas que deben ser citadas:

Denunciante/s: José Manuel Hermida Ferreira.

Denunciado/s: Francisco López Muñoz.

E para que conste e lle sirva de citación a Francisco López Muñoz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o 25 de novembro de 2004.

A secretaria

Rubricado