De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a, para ocupar o posto de traballo sinalado no anexo I desta orde, un funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do
departamento no que presta servizos, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación dela.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, á súa escolla, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
da Consellería de Economía e Facenda
ANEXO I
Código do posto: EFC60000215770009.
Denominación: xefe Sección Tesourería.
Nivel: 25.
Complemento específico: 8.050,20 A.
Grupo: A/B/C.
Corpo ou escala: xeral.
Tipo de posto: S.
Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.
Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).
Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral Política Financeira e Tesouro.
Localidade: Santiago de Compostela.