DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2004 pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto na base IV da convocatoria para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados levada a efecto pola Orde do 16 de abril de 2004 (DOG nº 77, do 22 de abril), e elevada a relación de aprobados polo presidente do tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2004, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados convocado pola Orde do 16 de abril do 2004, e que figura como anexo desta resolución.

Segundo.-Os aspirantes que figuran no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte (20) días naturais, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base IV.1, ou de ser o caso, a certificación a que se refire a base IV.2, da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta resolución, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aprobados do proceso selectivo

para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia

(grupo A), escala de letrados

Acceso libre

Apelidos e nomeDNITotal

Jorge Mora, Fernando44808665-L103,50

Torralba Mena, Isabel13305614-E102,00

Otero López, Lorena44812113-V92,00

Vidal Pardo, Francisco José33329560-F91,01

Garrote Rico, Mónica María32827080-P89,10

Iglesias Rey, Patricia79325729-V82,11

Allegue Requeijo, Beatriz32678555-V81,60