DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 27 de decembro de 2004 Páx. 18.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 2005 do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Vista a acta do calendario laboral para o ano 2005 do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira, con nº de código 3600085, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 3-11-2004, subscrito pola comisión negociadora do convenio o 25-10-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Asistentes:

Representación social:

CC.OO.:

Francisco Javier Boullosa González.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

Representación empresarial:

Ana Mª Pedreira Pereira.

Javier Pego Martínez (asesor).

Francisco Javier Redondo Penide.

Carlos Fouce Fernández.

Secretaria de actas:

Patricia Vázquez Prada.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 25 de outubro de 2004, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra, para efectos de fixar os días festivos para o 2005. Asisten as persoas citadas anteriormente.

Artigo 21º.-Xornadas non laborables.

Para a vixencia deste convenio, terán a consideración de festivos e aboables para todos os efectos os seguintes días: 7 de xaneiro, 9 de febreiro, 16 de maio, 26 de xullo, 31 de outubro e catro horas do 5 de xaneiro. Os días de descanso retribuídos establecidos anteriormente poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, para os axustar ás necesidades das partes.

No caso de que algún concello da provincia sinale como festivo local algún día inhábil no sector, establécese como festivo na súa substitución o día laborable inmediatamente seguinte ou anterior.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral para o seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Autorízase a Patricia Vázquez Prada para levar a cabo as xestións necesarias e a Javier Pego Martínez en representación dos empresarios. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18.30 horas do día 25 de outubro de 2004.