DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.120

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 22 de novembro de 2004 polo que se acorda a licitación do concurso aberto do servizo: deseño, creatividade, realización e execución da promoción das Semanas de Galicia 2005 (Barcelona, Madrid e Valencia).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. Turgalicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Coordinación do Plan de Promoción.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño, creatividade, realización e execución da promoción das Semanas de Galicia 2005.

b) Lugar de execución: Barcelona, Madrid e Valencia.

c) Prazo de execución: Barcelona (23-29 maio), Madrid (6-12 xuño), Valencia (20-26 de xuño).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 800.000 euros.

5. Garantías.

Non se exixen.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. Turgalicia.

b) Domicilio: estrada Santiago-Noia, km 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15896.

d) Teléfono: 981 54 59 31.

e) Telefax: 981 53 75 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 20 de xaneiro de 2005.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase de acordo co previsto no prego de cláusulas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 20 de xaneiro de 2005 ás 14.00 horas.

b) Documentación necesaria: véxase o prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. Turgalicia.

2ª Domicilio: estrada Santiago-Noia, km 3.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15896.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 4 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. Turgalicia.

b) Domicilio: estrada Santiago-Noia, km 3.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 28 de xaneiro de 2005.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 22 de novembro de 2004.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2004.

Pedro Capó Martínez

Director xerente de Turgalicia, S.A.