DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2004 pola que se amplía o prazo de licitación do concurso con procedemento aberto, para a contratación de consultoría e asistencia á deputación sobre solucións de acceso á internet en contornos rurais espallados mediante tecnoloxías sen cable.

Ponse en xeral coñecemento que mediante resolución da Presidencia do 17 de decembro de 2004

se dispuxo ampliar o prazo de presentación de proposicións do concurso con procedemento aberto para a contratación de consultoría e asistencia á deputación sobre solucións de acceso á internet en contornos rurais espallados mediante tecnoloxías sen cable, publicado no BOP nº 285 e no DOG nº 240, ambos con data do 13 de decembro de 2004, ate as 13.00 horas do día 28 de xaneiro de 2005.

A Coruña, 17 de decembro de 2004.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario de Deputación Provincial da Coruña