DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía con data do 19 de novembro de 2004 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contratar a execución das obras de pavimentación de camiños municipais, Redondela-2004 anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de camiños municipais, Redondela-2004.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 389.405,55 euros.

5. Garantías:

a) Provisoria: 7.788,11 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Redondela (Departamento de Contratación).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2, baixo cuberta.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo G: vías e pistas, subgrupo 4: pisos de mesturas bituminosas, categoría: e; agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio no BOp ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadra en sábado ou inhábil, entenderase prorrogable ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ao do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 19 de novembro de 2004.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde