DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de xestión e impartición do programa de intervención coa xuventude en tempo libre Planet Club.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución: ata o 31 de marzo de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Prezo unitario: 650,90 euros/sábado.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real, nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula 12ª, punto 12.1.H), do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, a contar desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos; as proposicións constarán de dous sobres pechados e asinados:

Sobre A, subtitulado Documentación Xeral, conterá a documentación exixida na cláusula 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II e anexo II-A.

Sobre B, subtitulado Oferta económica e referencias técnicas conterá a documentación exixida na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas

particulares, formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II e anexo II-B.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro xeral.

2ª Enderezo: rúa Real, nº 13.

3ª Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Pontedeume.

b) Enderezo: rúa Real, nº 13.

c) Localidade: Pontedeume.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao luns seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

11. Gastos dos anuncios:

O adxudicatario virá obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

12. Exposición dos pregos:

O prego de cláusulas particulares que rexerá a presente contratación e o prego de prescricións técnicas quedan expostos ao público na Secretaría Xeral do Concello de Pontedeume durante o prazo de oito días, para os efectos do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Pontedeume, 15 de decembro de 2004.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde