DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 15 de decembro de 2004, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para executar as obras de accesibilidade no Concello de Lugo, fase I. Por medio deste anuncio dase a coñecer a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado: obras de accesibilidade no Concello de Lugo, fase I.

e) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: o prezo do contrato é de 330.274,59 euros.

5. Garantías:

Provisoria: 6.605,49 euros.

Definitiva: 13.210,98 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a que figura na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3º andar).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o día seguinte (agás sábados ou festivos) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 804 euros, que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 15 de decembro de 2004.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente-alcalde da Área de Economía,

Emprego e Zona Rural