DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 24 de novembro de 2004, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a subministración de equipamentos de reprodución para o Concello de Lugo mediante operación de renting. Por

medio deste anuncio dase a coñecer a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración de equipamentos de reprodución para o Concello de Lugo mediante operación de renting coas características sinaladas no prego de condicións técnicas elaboradas polo xefe do Servizo de Informática do Concello.

b) Prazo de execución: o prazo de entrega será de 30 días naturais, como máximo, contados a partir da data de formalización do correspondente contrato administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación:

O orzamento base de licitación é de 222.519 euros, IVE incluído (48 mensualidades de 4.635,81 euros). Non obstante, o prezo do contrato será ofrecido polos licitadores nas súas ofertas. O sistema de pagamento establécese mediante unha operación de renting coas condicións básicas recollidas na cláusula terceira do prego.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

b) Documentación necesaria: a que figura na cláusula décima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3º andar).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día natural contado a partir do remate do prazo de presentación de proposicións. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo, a apertura realizarase ao seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o décimo primeiro día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 1.009,95 euros que serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 13 de decembro de 2004.

P.D. (Decreto Alcaldía nº 98/2004)

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente-alcalde da Área de Economía,

Emprego e Zona Rural