DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

CORRECCIÓN de erros da contratación de proxecto e execución de obras de estación depuradora de augas residuais (EDAR), e conducións de saneamento en Teixeiro (Curtis).

Advertido un erro na publicación do anuncio para a contratación do proxecto e execución de obras de estación depuradora de augas residuais (EDAR) e conducións de saneamento en Teixeiro (Curtis), (BOP nº 261, do 12 de novembro de 2004, e DOG nº 230, do 25 de novembro de 2004) procédese á corrección do seguinte xeito:

Onde di:

«Requisitos específicos do contratista.

A) Clasificación: grupo E, grupo K».

Debe dicir:

«A) Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría e. Grupo E, subgrupo 1, categoría e».

Amplíase o prazo de achega de ofertas polo termo de trece días desde a derradeira publicación deste anuncio.

Curtis, 16 de decembro de 2004.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde