DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO.

Aprobado polo Pleno ordinario da Corporación, en sesión do 28 de outubro de 2004, o prego de condicións administrativas para o arrendamento mediante poxa de bens patrimoniais municipais coñecidos como Antiga Escola Unitaria de Caldebarcos, ábrese un prazo de presentación de proposicións de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP, DOG e xornal (El Correo Gallego ou La Voz de Galicia).

Carnota, 18 de novembro de 2004.

Xosé Manuel García Martínez

Alcalde