DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria realizada o día 11 de novembro de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas 9, 10, avda. de Barraña e SUPP B-3, incoado por instancia de José España Silva.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do territorio e protección do medio rural de Galicia.

Con esta mesma data remítese o expediente completo, unha vez dilixenciado polo secretario da corporación, á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Boiro, 23 de novembro de 2004.

Xosé Deira Triñanes

Alcalde-presidente