DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión celebrada o día 17 de novembro de 2004, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para cambio de aliñación en soar sito en Santo Antoniño-Perdecanai, propiedade de Promociones y Construcciones Julio Riveiro, S.L., redactado polo arquitecto Jaime Camiña Estévez, con data de visado 4-11-2004 e sometelo a información pública, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Ley 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que os interesados poidan formular as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente pode consultarse nas dependencias do Concello de Barro das 8.00 ás 15.00 horas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

Barro, 25 de novembro de 2004.

José A. Landín Eirín

Alcalde