DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto, do servizo de alimentación do Hospital do Meixoeiro (expediente AG1/05) e a subministración de 1.440 cargas de osíxeno medicinal en botellas. (C.P. 8/05).

O xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convocar os seguintes concursos:

Expediente AG1/05:

Obxecto: contratación do servizo de alimentación do Hospital do Meixoeiro.

Orzamento: 3.759.000 euros.

Fianza provisoria: 75.180 euros.

Expediente C.P. 8/05:

Obxecto: contratación da subministración de 1.440 cargas de osíxeno medicinal en botellas.

Orzamento: 123.981,12 euros.

Fianza provisoria: 2.479,62 euros.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de execución do contrato: dous anos.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo, en días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 986 81 11 59. Fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, a partir das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achegar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 10 de decembro de 2004.

Manuel Sánchez Delgado

Xerente do Complexo Hospitalario

Universitario de Vigo