DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2004, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acor

da darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de mobiliario clínico con destino a Área de Esterilización do Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-9/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 220, do 12 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: vinte e un mil seiscientos oitenta euros (21.680 euros IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Carros herméticos transporte interno7.400 A

2Mobiliario clínico esterilización12.265 A

3Mesas esterilización2.015 A

Adxudicacións:

Lote 1: carros herméticos transporte interno.

Lote 2: mobiliario clínico esterilización.

a) Data: 4 de novembro de 2004.

b) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes: 1 e 2; por un importe de dezasete mil douscentos trinta e cinco mil euros con cincuenta e seis céntimos (17.235,56 A IVE incluído).

Lote 3: mesas esterilización.

a) Data: 4 de novembro 2004.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes: 3; por un importe de mil catrocentos corenta e cinco euros (1.445 A IVE incluído).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2004.

Moisés Hermida Sanromán

Director xeral da División de Recursos

Económicos