DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2004, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento electromédico con destino a Área de Esterilización do Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense (2 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-8/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico.

c) Lote: 2 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 220, do 12 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: vinte e cinco mil cento trinta euros (25.130 euros IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Sistema de limpeza ultrasóns7.630 A

2Lavadora/descontaminadora17.500 A

Adxudicacións:

Lote 1: sistema de limpeza ultrasóns.

a) Data: 3 de novembro de 2004.

b) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes: 1; por un importe de sete mil catrocentos noventa e cinco euros con trinta e cinco céntimos (7.495,35 A IVE incluído).

Lote 2: lavadora/descontaminadora.

Deserto.

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2004.

Moisés Hermida Sanromán

Director xeral da División de Recursos

Económicos