DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 19 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (369 e 537/2004).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes:

Empresa: Galiconstruye, S.L.

Domicilio, localidade: barrio do Con, Camiño Vello, 18 Moaña.

Número expediente: 369/2004, 657/2004 (AI).

Data resolución delegación provincial: 21-10-2004.

Preceptos infrinxidos: artigo 7º do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigos 2.2º, 3.1º, 4º e 5º do R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.23º.a), 39º e 40º do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 euros.

Empresa: Excavaciones Ricardo Abal, S.L.

Domicilio, localidade: Elduayen, 34, Vigo.

Número expediente: 537/2004, 556/2004 (AI).

Data resolución delegación provincial: 10-11-2004.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1º da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2º e 50.5º, 39º e 40º do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.005,06 euros.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado, desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro, advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 19 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra