DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, tramitación anticipada e de urxencia, para proceder á contratación do servizo de limpeza en los centros sociais dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o servizo referido:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Nº expediente: C-8/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos seguintes centros sociais: Rivera Atienza, Teis, O Calvario, Coia, Vilaxoán e Redondela.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: na provincia de Pontevedra.

d) Data: do 1 de xaneiro de 2005 ao 31 de decembro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada, procedemento aberto.

b) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 206.000 A.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, Concepción Arenal, 8, 2º andar. 36201 Vigo. Teléfono: 986 81 76 33. Fax: 986 81 76 64. Correo electrónico:

xestioneconomica.cas.vi*xunta.es

b) Data límite de obtención de documentos e información: todos os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas, ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase en calquera dos medios previstos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en domingo ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do edificio administrativo da Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 26201 Vigo.

b) Data: décimo día natural seguinte ao do final do prazo de presentación de propostas. Hora: 9.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de decembro de 2004.

P.D. (Orde do 7 de febreiro de 2003)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra