DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mulleres Rurais Abelleira.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mulleres Rurais Abelleira, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: concello da Estrada e Silleda.

Profesional: estudos sobre a muller rural, o medio rural, o ambiente, a agricultura, a saúde, o benestar social ... e calquera outro relacionado coas condicións socioeconómicas e laborais das mulleres no medio rural.

Asinan a acta de constitución: Carmen Diéguez Villaverde, e outras.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 25 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra