DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 18 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 144/2004, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de outubro de 2004, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 144/2004 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Mª Teresa Martínez Fernández.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Mª Teresa Martínez Fernández o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 18 de novembro de 2004.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 144/2004.

Denunciada: Mª Teresa Martínez Fernández.

DNI/NIF: 76484332.

Último enderezo coñecido: Romero Ortiz, 2, Ribeira.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º 1; 2.2º e 3.3º 6 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria e Decreto 290/2003, que desenvolve o Real decreto 202/2000, sobre manipuladores de alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 90,15 euros (noventa euros con quince céntimos).