DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2004 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da adquisición de material de imprenta e papel branco de fotocopiadora para os servizos centrais e delegacións provinciais desta consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de material de imprenta e papel branco de fotocopiadora (lote 1: material de imprenta varios; lote 2: material de imprenta sobres; lote 3: papel blanco de fotocopiadora) para os servizos centrais e delegacións provinciais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: tres (3) lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 82.863 euros.

Lote 1: 26.000 euros.

Lote 2: 12.863 euros.

Lote 3: 44.000 euros.

5. Garantías:

Provisoria: o 2% do orzamento de licitación de cada lote (lote 1: 520 euros; lote 2: 257,26 euros e lote 3: 880 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 87.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural, o oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 14-9-2004)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural