DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do parque eólico de Silvarredonda, no termo municipal de Cabana de Bergantiños. (Expediente 03/01).

Outorgada a declaración de utilidade pública, en concreto, por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas con data do 24 de novembro de 2004, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións de:

13 aeroxeradores,

1.300 kW de potencia unitaria por aeroxerador,

16,9 MW de potencia total instalada,

13 centros de transformación,

Instalacións en baixa tensión de cada aeroxerador,

Red colectora subterránea,

e 1 subestación transformadora intemperie,

do referido parque eólico (expediente nº IN661A 03/01), a prol da entidade beneficiaria Enel Unión Fenosa Renovables, S.A., con enderezo na rúa Betanzos, número 1, 1º esq. 15004 A Coruña.

Esta delegación acorda sinalar o día 10 de xaneiro de 2005 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei

de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos contidos na relación de predios anexa a esta resolución, afectados por expropiación en pleno dominio, servidumes de voo e protección eólica para produción de enerxía eléctrica; acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, os que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os días e horas en que se levará a efecto o levantamento das actas nas oficinas da Casa do Concello de Cabana de Bergantiños, sen prexuízo de desplazarse aos predios.

Esta publicación realizase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ao Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 13 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Parque eólico de Silvarredonda

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Ref. catast.LugarPropietarioCultivoPleno dominio (m)Servidume (m)Sup.Aeros

predioPolg.Parc.ZapataPlat.VíasVooGabiaProt. eol.total (m)

2468230Chanceiro do MañoAntelo García, María Isaura

Rpte. de Pastora Cuns Vidal

Outeiro 19, Agolada, 15147 Coristanco (A Coruña)

Monte65229734701.530A-3

2968225Port. dos CarrosMira Velo, Daniel

Meixoeiro, nº 1, Riobó, 15149 Cabana de Bergantiños (A Coruña)

Monte4848

5268167Pedra BlancaVelo Varela, Ángel

A Mata, s/n, Piolla, 15149 Cabana de Bergantiños (A Coruña)

Rpte.: Velo Varela, Carmen

Monte761115081.0463451.7033.789A-7

5668170Camposa NovaAmado García, Amparo

Pza. de Ourense nº 7-8, 10 dta., 15004 A Coruña

Monte3377790900A-6

5768113Camposa NovaRial Ferreiro, Hermencina

A Mata, s/n, Piolla, 15149 Cabana de Bergantiños (A Coruña)

Monte835342699877A-6

6168111Cabeza CarneiroDescoñecidoMonte6940832941A-9

6268118LagoasDescoñecidoMonte203203A-11

6568124BardancaGarcía Mira, Florinda

Folgoso, s/n, Riobó, 15149 Cabana de Bergantiños (A Coruña)

1091.3271.436A-13

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL